Con máis de 300 amarres, este porto ofrece un excelente abrigo para as embarcacións e a súa arribada non presenta complicación. Conta con todos os servizos, incluída unha escola de vela. Organízanse tamén regatas de vela lixeira e de cruceiros, e campionatos de pesca deportiva.
A Pobra do Caramiñal ofrece un gran atractivo dende o mar e dende o seu porto podemos saír a navegar e gozar doutra interesante perspectiva da Serra do Barbanza e das augas da Ría de Arousa.